900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A xornada 'Mulleres no sector da construción' de Fundación Laboral e Cruz Vermella amosa as opcións laborais e de conciliación da industria

Un gupo de mulleres desempregadas puideron escoitar e charlar con Elena del Pozo, traballadora do sector, que lles contou a súa experiencia así como con Beatriz Fernández e Pablo Silveira, integrantes do departamento de Recursos Humanos de Prace, que repasaron os estereotipos asociados ao sector para derrubalos e tumbar a idea de que as mulleres non poden traballar en construción.

Foundation New
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Oportunidades laborais e medidas para conciliar. É a mensaxe que se transmitiu onte ás participantes na xornada Mulleres no sector da construción, organizada en colaboración entre Fundación Laboral de la Construcción de GaliciaCruz Vermella en Santiago.

A actividade, incluída no proxecto Puentes por la Igualdad en el Empleo Plus de Cruz Roja, reuniu na sede da entidade paritaria en Compostela a un grupo de mulleres desempregadas -algunhas acompañadas dos seus/súas fillos/as- que puideron escoitar e charlar con Elena del Pozo, traballadora do sector, e descubrir oportunidades laborais en construción da man de Beatriz Fernández e Pablo Silveira, integrantes do departamento de Recursos Humanos da empresa Prace

Elena del Pozo: "Formación, boa actitude e iniciativa son claves" 

Elena contou a súa experiencia, polo de agora, curta no sector xa que só leva tres meses traballando no sector. "Era autónoma e, despois de pechar o meu negocio, decidín formarme en construción que era o que me gustaba", explicou Elena, que foi participante do Plan de Emprego de Cruz Vermella formándose como operaria de carretillas elevadoras e manipulación de alimentos.

Tras unha entrevista de orientación laboral, apuntouse ao curso de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción no Centro de Santiago de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e, pouco despois, empezou a traballar na firma Técnicas Constructivas de Ocio Galicia, especializada en construción de piscinas.

"Todos e todas temos cabida en construción porque fai falta relevo xeracional. Ademais, nunca é tarde para empezar: eu teño 45 anos e estou súper contenta na empresa", asegurou. A súa experiencia está a resultar moi positiva. "Nunca vin ningunha falta de respecto, eu sempre pregunto como se fan as cousas e iso axúdache a medrar na obra. Ademais, podo conciliar xa que traballo ata as 5 da tarde", explicou Elena que se ve no sector a longo prazo. "Gustaríame seguir traballando nesta empresa porque nos coida igual de ben tanto ao que leva 30 anos coma a min que só levo tres meses". E animou ás participantes na xornada a unirse ao sector combinando "formación, boa actitude e iniciativa". 

Derrubando estereotipos dende as empresas do sector

Beatriz Fernández e Pablo Silveira, integrantes do departamento de Recursos Humanos de Prace, repasaron os estereotipos asociados ao sector -como inestabilidade laboral, oficio duro e difícil, traballo mal pagado, sector contaminante e pouco cualificado- para derrubalos e tumbar a idea de que as mulleres non poden traballar en construción.

Beatriz Fernández comentou as medidas de conciliación que a empresa pon a disposición de todos/as seus/súas traballadores/as. "Somos unha empresa familiarmente responsable e gústanos que a xente que traballa con nós poida conciliar", explicou e alentou ás mulleres presentes na xornada a perderlle o medo ao sector. "Cando entrevistamos a xente para traballar, sobre todo, buscamos ganas, compromiso e dedicación, é o principal para poder traballar no sector", indiciu a técnica de Recursos Humanos de Prace. 

Os/as fillos das participantes que asistiron á xornada puideron descubrir unha ferramenta de Realidade Virtual que se emprega para formar en Prevención de Riscos Laborais en obra dende a Fundación Laboral de la Construcción.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE