900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral levará a máis de 1.000 alumnos/as de secundaria de Galicia a campaña ‘Ti elixes’ da Xunta para rachar estereotipos

A entidade paritaria volve a colaborar por segundo ano consecutivo coa campaña, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través de 56 charlas en 14 centros educativos de Galicia.

Noticia Fundación
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia levará a máis de 1.000 alumnos de secundaria de toda Galicia a campaña Que non te líen, ti elixes da Xunta de Galicia que ten como finalidade o fomento da presenza feminina en sectores masculinizados. Será a segunda ocasión na que a entidade paritaria colabora con esta campaña ofrecendo, esta vez, 56 charlas a alumnado de 14 centros de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) despois de ter impartido xa 43 sesións en 12 institutos o ano pasado.

Esta campaña, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, busca "favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres." As charlas de Fundación Laboral serán impartidas por Ana Golpe Pereira, técnica da entidade paritaria en Galicia, e Maruxa Barros, profesional do sector especializada en traballos verticais, que tamén é docente da Fundación Laboral.

Sesións divulgativas en 14 centros educativos de Galicia

As sesións, que durarán unha hora aproximadamente, ofreceranse durante o mes de abril e maio en 14 centros educativos de Galicia: IES Ramón Caamaño (Ferrol), CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), IES de Porto do Son (Porto do Son), IES Terra do Xallas (Santa Comba), IES Ánxel Fole (Lugo), IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), CPI Terras de Maside (Maside), IES Universidade Laboral (Ourense), IES Monte das Moas (A Coruña), IES David Buján (Cambre), IES Manuel Murguía (Arteixo), IES Agra do Orzán (A Coruña), CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito) e IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña).

Sectores como a construción, a madeira, o mar, o metal ou as TIC son aos que vai dirixida esta campaña que pon o énfase na importancia de escoller o rumbo profesional en función das motivacións, das habilidades, das capacidades e da actitude de cada persoa, desbotando a crenza de que non poida haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes.

A través dunha serie de vídeos, a campaña mostra a experiencia de mulleres que traballan nestes sectores entre as que figura Maruxa Barros, especialista de traballos en altura ou Iria García, soldadora que tamén traballou como formadora na Fundación Laboral de Galicia.

A materia pendente da incorporación da muller á industria da construción

A construción necesita incorporar man de obra para cubrir a xubilación dos preto de 1.700 profesionais que se retiran cada ano. Aínda que a presenza de mulleres no sector aumentou en postos técnicos e administrativos, hoxe en día seguen sen integrarse nos oficios da construción, nun momento no que non hai cuestións obxectivas polas que as mulleres non poidan desenvolver a súa carreira profesional a pé de obra como carpinteiras, fontaneiras, electricistas ou pintoras.

Segundo o Informe de Mulleres 2023 do Observatorio Industrial da Construción, hai 6.487 mulleres traballando no sector en Galicia, que representan o 8,5% do total das persoas ocupadas da industria na comunidade e o 5,4% do total de mulleres empregadas en construción.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia está traballando en proxectos para impulsar a incorporación de mulleres á industria da construción, tanto dende o punto de vista do emprego como da orientación laboral. A entidade paritaria está traballando en lanzar unha nova edición de ‘Construíndo en feminino’, un programa iniciado o ano pasado en colaboración con Fundación “laCaixa” para impulsar a incorporación de mulleres á industria da construción e que conseguiu unha inserción laboral do 43,7% das participantes.

 

Mira aquí o vídeo de presentación da campaña Que non te líen, ti elixes na canle de YouTube da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 
Tamén podes ver o vídeo de Maruxa Barros, especialista de traballos en altura e docente de Fundación Laboral de Galicia.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ