900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas dispárase un 38,4% en Galicia no mes de febreiro fronte ao 5,8% nacional

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), a comunidade galega é a segunda con maior aumento de prezos só por detrás de Navarra.

Noticia del sector

A compravenda de vivendas disparouse en Galicia un 38,4% no mes de febreiro fronte á media nacional que se situou no 5,8% respecto ao mesmo mes de 2023. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a comunidade galega é a segunda co maior incremento de prezos, só por detrás de Navarra (50,6%) e seguida de Murcia (19,5%) en terceira posición.

Galicia é unha das trece comunidades nas que subiu a compravenda de vivendas que só se reduciu en Canarias (-12%), Baleares (-10,3%), Andalucía (-1,5%) e Castela e León (-1%). Na media nacional rexistrouse un aumento do 5,8% ata chegar ás 52.796 operacións, o que supón rachar con doce meses consecutivos de caídas tras as sucesivas subidas dos tipos de interese, segundo os datos do INE.

Forte subida despois dun ano de freo

Dende comezos de 2024, as compravendas de vivenda leva acumulado unha subida do 1,6%. Porén se comparamos a evolución de febreiro respecto a xaneiro, as operacións reducíronse un 2,9%.

Con todo, a positiva evolución das compravendas contrastan coa caída do 9,7% rexistrada en 2023, un ano no que se frearon as subidas dos dous anteriores. 

A vivenda nova medra máis do 20%

Segundo datos do INE, a compravenda de vivenda nova foi a que mellor evolución presentou ao medrar un 20,8% interanual, a taxa máis alta dende decembro de 2021 e acadou 11.528 operacións, unha cifra récord dende xaneiro de 2014.

Por outra parte, as compravendas de segunda man concentraron máis dun 78% do total, cun incremento do 2,2% despois de doce meses á baixa, cun total de 41.268 unidades. 

A vivenda libre sumou 49.033 operacións en febreiro, o que representa case o 93% do total, un aumento do 6,7% respecto a febreiro de 2023. Pola contra, a vivenda protexida caeu un 4,7% na evolución interanual, con 3.763 operacións. 

Aumentos nas incricións de fincas

A compravenda de vivenda nova encadea unha subida do 11.8% mentres que a segunda man reduciuse un -0,7% no acumulado anual. Do mesmo xeito, dende xaneiro, a compravenda de vivenda libre aumentou un 2,7% mentres que a protexida diminuiu un 10,6%.

No que respecta ás fincas, en febreiro inscribíronse nos rexistros da propiedade 190.717, un 4,4% máis que no mesmo mes do ano anterior. En concreto, a compravenda de fincas rexistrada foi un 7% na taxa interanual con 105.465 operacións. Tamén rexistraron aumentos como outras operacións (concentracións parcelarias, divisións horizontais, dacións en pago, execucións hipotecarias ou adxudicacións xudiciais) que sumaron 37.521, un 5,4% máis que en febreiro de 2023.

Pola contra, a permuta descendeu un 3,9% (542), as herdanzas un 1,6% (42.326) e as doazóns un 1,2% (4.863) segundo es estadísticas do INE

A firma de hipotecas dispárase un 34,4% en febreiro

Por outro lado, a firma de hipotecas constituídas sobre vivendas disparouse en Galicia un 34.4% respecto do mesmo mes de 2023, segundo o Instituto Nacional de Estatística, ata un total de 1.363 préstamos. 

Desta forma, a comunidade galega experimentou un aumento moi superior ao da media nacional, xa que no total de España, as hipotecas sobre vivendas creceron un 3,8% no segundo mes do ano, con 37.232 unidades.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ