900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Ourense (Ourense)

Descrición

Horario de atención ao público: 08:00 - 15:00

A actividade neste novo centro comezou en xullo de 2018, un complexo de nova construción deseñado especialmente para ofrecer formación especializada. 

As novas instalacións sitúanse no Parque Empresarial de Vilamarín. Adícanse á impartición de Formación Dual, certificados de profesionalidade e cursos de manexo de maquinaria de obra pública.

O Centro, que está situado nunha parcela de 11.115 m2, conta cunha zona administrativa; outra de atención ao público; catro aulas; catro talleres de oficios; un salón de actos; un vestíbulo; zonas de servizos e vestiarios.

A Fundación Laboral da Construción de Galicia mellora as súas instalacións actuais na provincia grazas a un espazo dedicado á formación, especialmente á Formación Dual e aos certificados de profesionalidade, así como á formación do manexo de maquinaria de obra pública. Simultaneamente, continuarase impartindo formación nas áreas máis relevantes para a mellora do sector e dos/as seus/súas profesionais: eficiencia enerxética, rehabilitación e construción sostible, BIM (Building Information Modeling), ou a internacionalización das empresas, ademais da formación en materia de seguridade e saúde laboral.